Acordes y tablaturas
Alcatraz Ataque Escampe
Álbum: A Grande Evasión [2009]
- 14
- visitas
- 1
- versión
Versiones
1 versiónLetra
E decidín regresar a Alcatraz: foi o mesmo camiño pero do revés. Aínda batía nos muros o mar, pero xa non había ninguén. Detrás da cidade aínda hai restos de po. Na vida primeira matei e roubei. Era moi tarde para che falar de amor e agora é cedo para caer. Somos o ferro nas veas, somos o pouco que queda dos días de sangue quente. Os anacos de xabón soben até o corazón con orgullo delincuente. Alcatraz outra vez, coa cabeza moi alta e unha moi agradábel masaxe nos pés. Alcatraz, aquí estou de regreso da grande evasión. Non vin San Francisco nin falta que fai (dicían que tes que levar unha flor). A min as viaxes fanme vomitar e na casa cómese moito mellor. Non vin os moluscos do mar do Xapón. Non vin os solpores de Guiné Bissau. Non vin as estrelas no espazo exterior. Fóra todo era o caos. Este foi o meu planeta, tan cheo de bolboretas que non hai sitio para a xente. Fóra vai moita calor e eu onde mellor estou é no meu lugar de sempre. Alcatraz outra vez, coa cabeza moi alta e unha moi agradábel masaxe nos pés. Alcatraz, aquí estou de regreso da grande evasión.